Desde a Comisión de Ética e Deontoloxía (CED) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vense constatando que unha das áreas que motiva máis queixas e consultas é a referida á atención a menores e as súas familias. Aproximadamente o 95% das consultas e queixas que se realizan ante a Comisión de Ética e Deontoloxía están relacionadas con aspectos de: permisos de intervención e avaliación con un/unha menor, consentimento e información aos proxenitores, dereitos dos proxenitores de solicitar e que se lles de información e informes, dualidade nas funcións do/a psicólogo/a (o/a psicólogo/a que fai clínica versus o pericial), informes inadecuados, etc.

Somos conscientes que a psicoloxía é unha profesión cada vez máis, socialmente, exposta, o noso traballo con un maior grao de responsabilidade e de que tomamos decisións moi significativas para a vida das persoas que atendemos e aos seus familiares. Neste sentido a abordaxe co/ca menor é máis sensible e con repercusións e consecuencias que fan que dito traballo sexa “observado”, instumentalizado e calificado con coidado por pais e nais en litixios, avogados, xuíces, etc. Todo isto fai que o psicólogo e psicóloga se atope con dilemas que non sabe resolver, ou dos cales nin sequera é consciente, o que leva a actuacións incorrectas desde o punto de vista deontolóxico.

Por todo elo, e tendo en conta que un dos obxectivos da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG é a docencia, considerase de gran utilidade que os psicólogos e psicólogas coñezan todos estes aspectos e que lles serva de utilidade para poder levar a cabo un mellor traballo.

Os obxectivos deste curso é que o alumnado coñeza os aspectos ético-deontolóxicos que se presentan no traballo con menores e as súas familias: resolución de dilemas éticos, o consentimento informado segundo a idade do/a menor, relacións con pais separados e cómo proceder, procedemento de actuación cando un dos pais ten aberto proceso xudicial por violencia familiar, intervención e avaliación do/a menor, confidencialidade, elaboración de informes que cumpran as normas deontolóxicas, o informe clínico versus o informe pericial, problemas coa dualidade de funcións do/a psicólogo/a na abordaxe dun caso, etc.

O Grupo de Psicoloxía Perinatal da  Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o 28 de novembro de 2020 o Curso "Introducción á Psicoloxía Perinatal".

Os obxectivos da formación son:
- Dar a coñecer o eido da Psicoloxía Perinatal dentro da Psicoloxía e profesións afíns.
- Ofrecer un marco teórico no que poder definir a Psicoloxía Perinatal.
- Expoñer os ámbitos de aplicación e o traballo en rede coma un recurso esencial dentro da Psicoloxía Perinatal.
- Achegar información que poña o foco na importancia da prevención, acompañamento e intervención no período vital que abrangue (e máis alá dentro do ciclo vital).
- Xerar un debate que poida manifestar a importancia da Psicoloxía Perinatal como materia dentro das áreas clínica, social e educativa.

O Grupo de Psicoloxía Perinatal da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Introdución á Psicoloxía Perinatal”, que se celebrará a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG o 28 de novembro de 2020.

Entre os obxectivos do curso están o de dar a coñecer o eido da Psicoloxía Perinatal dentro da Psicoloxía e profesións afíns, expoñer os ámbitos de aplicación e o traballo en rede coma un recurso esencial e achegar información que poña o foco na importancia da prevención, acompañamento e intervención no período vital que abrangue.