O sábado 14 de novembro de 2020, en horario de 09:30 a 13:30 horas, celebrarase o Curso “Multiculturalidade e intervención psicolóxica en situacións de emerxencia”, organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Trátase dunha formación só para os psicólogos e psicólogas integrantes do GIPCE.

O curso ten como obxectivo adquirir os coñecementos básicos sobre as diversas culturas e relixións e ofrecer pautas que nos permitan desenvolver o noso traballo nunha intervención como psicólogos e psicólogas de emerxencias desde o respecto aos rituais e costumes de cada cultura e/ou relixión.