A expresión preferente que se vai tomar neste obradoiro será a de “perfil criminolóxico”, aínda que o termo máis estendido é o de “perfil do delincuente” ou “profiling”. A preferencia pola expresión de criminolóxico ven da idea de que un bo perfil esixe o coñecemento aplicado e integrado das ciencias do crime, entre as que a Psicoloxía adquire un indudable protagonismo. Por outra parte, moitas das actividades do perfilador van máis alá de suxerir a descrición da personalidade do sospeitoso dun crime ou unha serie de crimes, senón que tamén debemos ser capaces de valorar a probabilidade de que volva actuar ou a súa perigosidade; suxerir novas vías de traballo aos investigadores e investigadoras policiais, por exemplo, vinculando crimes diversos cometidos supostamente por un/ha mesmo/a autor/a ou, incluso, estimar onde pode ter a súa residencia e/ou base de operacións para cometer os seus delitos.
- Xestor: Eva Blanco Ferreira - Dpto. Formación COPG
- Xestor: Mónica Figueira Rial
- Xestor: Rosana Lorenzo Rivadulla
- Xestor: Raquel Martínez Mosquera
- Xestor: Eliana Martíns Alvela
- Xestor: Alicia Rodríguez Pedrares
- Xestor: Teresa Santamónica Fernández