Available courses

Desde a Comisión de Ética e Deontoloxía (CED) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vense constatando que unha das áreas que motiva máis queixas e consultas é a referida á atención a menores e as súas familias. Aproximadamente o 95% das consultas e queixas que se realizan ante a Comisión de Ética e Deontoloxía están relacionadas con aspectos de: permisos de intervención e avaliación con un/unha menor, consentimento e información aos proxenitores, dereitos dos proxenitores de solicitar e que se lles de información e informes, dualidade nas funcións do/a psicólogo/a (o/a psicólogo/a que fai clínica versus o pericial), informes inadecuados, etc.

Somos conscientes que a psicoloxía é unha profesión cada vez máis, socialmente, exposta, o noso traballo con un maior grao de responsabilidade e de que tomamos decisións moi significativas para a vida das persoas que atendemos e aos seus familiares. Neste sentido a abordaxe co/ca menor é máis sensible e con repercusións e consecuencias que fan que dito traballo sexa “observado”, instumentalizado e calificado con coidado por pais e nais en litixios, avogados, xuíces, etc. Todo isto fai que o psicólogo e psicóloga se atope con dilemas que non sabe resolver, ou dos cales nin sequera é consciente, o que leva a actuacións incorrectas desde o punto de vista deontolóxico.

Por todo elo, e tendo en conta que un dos obxectivos da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG é a docencia, considerase de gran utilidade que os psicólogos e psicólogas coñezan todos estes aspectos e que lles serva de utilidade para poder levar a cabo un mellor traballo.

Os obxectivos deste curso é que o alumnado coñeza os aspectos ético-deontolóxicos que se presentan no traballo con menores e as súas familias: resolución de dilemas éticos, o consentimento informado segundo a idade do/a menor, relacións con pais separados e cómo proceder, procedemento de actuación cando un dos pais ten aberto proceso xudicial por violencia familiar, intervención e avaliación do/a menor, confidencialidade, elaboración de informes que cumpran as normas deontolóxicas, o informe clínico versus o informe pericial, problemas coa dualidade de funcións do/a psicólogo/a na abordaxe dun caso, etc.

O Grupo de Psicoloxía Perinatal da  Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o 28 de novembro de 2020 o Curso "Introducción á Psicoloxía Perinatal".

Os obxectivos da formación son:
- Dar a coñecer o eido da Psicoloxía Perinatal dentro da Psicoloxía e profesións afíns.
- Ofrecer un marco teórico no que poder definir a Psicoloxía Perinatal.
- Expoñer os ámbitos de aplicación e o traballo en rede coma un recurso esencial dentro da Psicoloxía Perinatal.
- Achegar información que poña o foco na importancia da prevención, acompañamento e intervención no período vital que abrangue (e máis alá dentro do ciclo vital).
- Xerar un debate que poida manifestar a importancia da Psicoloxía Perinatal como materia dentro das áreas clínica, social e educativa.

O Grupo de Psicoloxía Perinatal da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Introdución á Psicoloxía Perinatal”, que se celebrará a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG o 28 de novembro de 2020.

Entre os obxectivos do curso están o de dar a coñecer o eido da Psicoloxía Perinatal dentro da Psicoloxía e profesións afíns, expoñer os ámbitos de aplicación e o traballo en rede coma un recurso esencial e achegar información que poña o foco na importancia da prevención, acompañamento e intervención no período vital que abrangue.


A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO), en colaboración coa Confederación de Empresario de La Coruña (CEC), organizou o pasado 9 de xuño un seminario web sobre o teletraballo onde, a partir da experiencia de diferentes organizacións que levan xa anos de implantación, explicáronse as súas principais vantaxes e dificultades, suxeríronse pautas para a súa correcta xestión, e ofrecéronse algúns exemplos e pequenos trucos para aproveitar todo o seu potencial produtivo.

Nesta actividade reprodúcese o gravación do webinar para todas aquelas personas interesadas que non puideron asistir o día da súa emisión en directo.

A expresión preferente que se vai tomar neste obradoiro será a de “perfil criminolóxico”, aínda que o termo máis estendido é o de “perfil do delincuente” ou “profiling”. A preferencia pola expresión de criminolóxico ven da idea de que un bo perfil esixe o coñecemento aplicado e integrado das ciencias do crime, entre as que a Psicoloxía adquire un indudable protagonismo. Por outra parte, moitas das actividades do perfilador van máis alá de suxerir a descrición da personalidade do sospeitoso dun crime ou unha serie de crimes, senón que tamén debemos ser capaces de valorar a probabilidade de que volva actuar ou a súa perigosidade; suxerir novas vías de traballo aos investigadores e investigadoras policiais, por exemplo, vinculando crimes diversos cometidos supostamente por un/ha mesmo/a autor/a ou, incluso, estimar onde pode ter a súa  residencia e/ou base de operacións para cometer os seus delitos.

A expresión preferente que se vai tomar neste obradoiro será a de “perfil criminolóxico”, aínda que o termo máis estendido é o de “perfil do delincuente” ou “profiling”. A preferencia pola expresión de criminolóxico ven da idea de que un bo perfil esixe o coñecemento aplicado e integrado das ciencias do crime, entre as que a Psicoloxía adquire un indudable protagonismo. Por outra parte, moitas das actividades do perfilador van máis alá de suxerir a descrición da personalidade do sospeitoso dun crime ou unha serie de crimes, senón que tamén debemos ser capaces de valorar a probabilidade de que volva actuar ou a súa perigosidade; suxerir novas vías de traballo aos investigadores e investigadoras policiais, por exemplo, vinculando crimes diversos cometidos supostamente por un/ha mesmo/a autor/a ou, incluso, estimar onde pode ter a súa  residencia e/ou base de operacións para cometer os seus delitos.


Proporcionar unha visión socio-xurídica do delito da trata con fins de explotación sexual desde unha

perspectiva de xénero e de dereitos humanos.

Analizar o continuo entre trata, explotación sexual e prostitución. Identificar aos axentes implicados. Razonar

sobre os discursos e motivacións dos consumidores de sexo de pago.

Examinar riscos para a saúde e consecuencias nas mulleres vítimas de trata sexual.

Definir pautas de actuación e cara á detección, identificación e protección das vítimas. Coñecer os recursos

existentes en Galicia.

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, ao amparo do Proxecto de Estado contra a Violencia de Xénero, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, consideran imprescindible ofrecer unha formación específica en materia de xénero, dirixida aos e ás profesionais que exercen no ámbito da saúde (Psicólogos/as Especialistas en Psicoloxía Clínica, Psicólogos/as Xerais Sanitarios/as e Psicólogos/as habilitados pola Consellería de Sanidade para o exercicio de actividades sanitarias).

A formación en materia de xénero é esencial para previr, detectar e intervir nas situacións de violencia de xénero, pero tamén en todos os trastornos de saúde mental nos que incide a construción social de xénero, con todas as súas implicacións (expectativas, roles, estereotipos de xénero).

As boas prácticas en materia de xénero contribúen a unha mellor atención á saúde mental das mulleres e menores e por tanto a mellorar a súa saúde dun modo integral, repercutindo isto de un modo moi positivo na comunidade.

Esta formación está encamiñada a facilitar unha formación básica e especializada en xénero, violencia de xénero e perspectiva de xénero, dirixido a profesionais da psicoloxía no ámbito da saúde co obxectivo de facilitar a integración dunha mirada de xénero que nos permita desde a nosa vida e o noso ámbito profesional superar a inequidade (Desigualdades innecesarias, evitables e inxustas) e deste modo atender ao carácter ético asociado ca xustiza social e DDHH.



O obxectivo desta sesión formativa é analizar a realidade dos psicólogos e psicólogas nos servizos de maiores e, asímesmo, revisar as funcións dos/as profesionais da psicoloxía nos centros de maiores e como se tivo que adaptar á nova realidade durante e despois da COVID-19.

"A participación cidadá fronte á crise ecolóxica"

PROGRAMA

1. A intervención psicosocial para mitigar os problemas ambientais .

2. O caso da ONG "Amigos da terra". Consulta sobre necesidades. Posibles solucións.

3. Debate.


OBXECTIVO

Manifestar a importancia do potencial das intervencións psicosociais para frear os problemas ambientais.


DOCENTE

CRISTINA GÓMEZ ROMÁN, (G-6106)

Profesora axudante doutora do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Membro do Grupo de Investigación COSOYPA e do Instituto CRETUS.

O Grupo de Traballo de Psicólogos/as dos CIM da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG organiza o Seminario "Introdución á Terapia Centrada na Compaixón" o 26 de outubro e 2020, impartido por Ana Isabel Martínez Arranz, psicóloga habilitada para o exercicio de actividades sanitarias, terapeuta familiar e psicóloga de emerxencias  acreditada polo Consejo General de la Psicología.

Trátase dunha formación teórico-práctica de aproximación á terapia centrada na compaixón de Paul Gilbert. Realizaranse prácticas de mindfulness e compaixón.


A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza os días 17 e 31 de outubro a Actividade formativa "O apego desde o contexto de protección á infancia".

Trátase dunha actividade titorizada con exposición teórica, visualización de vídeos e exercicios prácticos de valoración e intervención do sistema de apego.


Tratarase dun seminario cunha metodoloxía teórico-práctica de aproximación á Terapia Centrada na Compaixón de Paul Gilbert onde se realizarán prácticas de mindfulness e compaixón.


Ao longo do confinamento, as oito da tarde convertéronse nunha hora de agradecemento, de recoñecemento, de solidariedade e de comunidade. Desde a Vogalía de Formación do COPG deseñamos un ciclo con 7 webinars ao longo de dúas semanas no que compañeiros e compañeiras colexiadas compartirán recursos que desenvolveron no contexto da pandemia e que poden ser de utilidade. 

Todos os webinars darán comezo ás 20:00h.


A vogalía de formación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso "Introdución á teleasistencia psicolóxica" os días 29 de outubro; 5, 19 e 26 de novembro de 2020.

O obxectivo desta formación é que as persoas participantes adquiran coñecementos básicos para a práctica da teleasistencia psicolóxica, familiarizarse co funcionamento e os recursos que ofrecen as plataformas web para o desenvolvemento de terapia online, afondar nas consideracións éticas e legais da práctica profesional telemática e potenciar o desenvolvemento profesional continuo.


O 6 e 7 de novembro de 2020 celebrarase o Curso "Abordaxe da dependencia interpersonal e os problemas de apego en adultos", organizado polos programas de atención psicolóxica do COPG de Atención a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero e Abramos o Círculo.

Será impartido por Arun Mansukhani, Psicólogo Especialista en Psicoloxía Clínica, Sexólogo,  Consultor Europeo e facilitador de EMDR. Desde 1994 Psicólogo Clínico tratando problemas de ansiedade, depresión, celos, trauma psicolóxico, dependencia emocional, parella e comunicación. Na actualidade subdirector do Instituto Andaluz de Sexoloxía e Psicoloxía (Málaga).

Como obxectivo principal desta formación destácase a necesidade de mostrar como intervir coa dependencia interpersoal e cos problemas de apego en adultos. 

Resáltase como obxectivo específico a necesidade de mostrar a dependencia emocional e os patróns de vinculación patolóxica como problema clínico e social; a análise da relación existente entre os patróns de vinculación en adultos e os diferentes estilos de apego; e por último a intervención psicolóxica necesaria neste tipo de casos.

O desenvolvemento do programa será teórico-práctico. Ilustrando con vídeos as intervencións nestes casos para axudar na comprensión e a conceptualización, estimulando así a reflexión e a participación a través do intercambio de experiencias.


O 19 de setembro de 2020 celebrarase dentro do plan formativo anual da Quenda de Garda Psicolóxica Especializada e Permanente para mulleres e fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero en Galicia do COPG a formación de traballo interna online "A perspectiva de traballo na Quenda desde o punto de vista da avogacía.

Será impartido por Cecilia Barros Díaz, asesora xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e integrante da Quenda de oficio de Avogados en Violencia de Xénero


O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Sesión formativa "Atención e movementos oculares", impartida por Manuel José Blanco Rial, Profesor de psicoloxía experimental na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Especialista no deseño de probas psicofísicas para a avaliación da percepción e atención visual.

O obxectivo desta sesión formativa é explicar os fundamentos da técnica do eye-tracking ( o seguimento ocular) e a súa aplicación no ámbito da psicoloxía, con especial referencia á condución de vehículos e o exame psicotécnico.

Estudaranse cales son as caractarísticas xerais das probas baseadas no eye-tracking que actualmente parecen máis idóneas para a avaliación da atención humana: a tarefa antisacada. Non se tratarán teorías nin os aspectos históricos do problema

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o sábado 17 de outubro o Curso "Atención psicolóxica telefónica", dirixido aos/ás seus/súas integrantes.

Impartido por Lourdes Fernández Marquez, psicóloga sanitaria experta en psicoloxía de intervención en crise e emerxencias, o curso ten como obxectivo adquirir por parte das persoas asistentes as habilidades e ferramentas fundamentais para abordar a intervención telefónica e online, seguindo un esquema dos aspectos relevantes a explorar, valorar e intervir segundo o tipo de chamada e vendo o enfoque a adoptar ante as demandas máis habituais na actual situación.

O sábado 14 de novembro de 2020, en horario de 09:30 a 13:30 horas, celebrarase o Curso “Multiculturalidade e intervención psicolóxica en situacións de emerxencia”, organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Trátase dunha formación só para os psicólogos e psicólogas integrantes do GIPCE.

O curso ten como obxectivo adquirir os coñecementos básicos sobre as diversas culturas e relixións e ofrecer pautas que nos permitan desenvolver o noso traballo nunha intervención como psicólogos e psicólogas de emerxencias desde o respecto aos rituais e costumes de cada cultura e/ou relixión.


Os obxectivos desta formación son adquirir os coñecementos e as habilidades básicas da intervención psicolóxica enemerxencias, así como coñecer os aspectos básicos do funcionamento do GIPCE.

Segundo establece o Regulamento do Servizo de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) no seu artigo 18 de Requisitos para a inscrición no Rexistro de Mediadores e Mediadoras do COPG, apartado c), é obrigatorio realizar un seminario práctico anual de catro horas para continuar no listado. 

A Comisión Intersectorial de Mediación do COPG organiza para os días 23 de outubro e 6 e 20 de novembro de 2020 en horario de 16:30 a 19:10 o Curso de actualización para mediadores/as: “Modelo de competencia: un modelo práctico de aplicación da mediación”.


PROGRAMA

MÓDULO 1. INTRODUCIÓN AO MODELO DE COMPETENCIA.

  • Venres, 23 de outubro de 2020; 16:30 h.
  • Docente: José Ángel Galán Torrecilla.

MÓDULO 2. O PRIMEIRO ENCONTRO: CLAVE PARA A CONFIANZA NA MEDIACIÓN.

  • Venres, 6 de novembro de 2020; 16:30 h.
  • Docente: Sacramento Barba Maroto.

MÓDULO 3. A COMEDIACIÓN DESDE O MODELO DE COMPETENCIA.

  • Venres, 20 de novembro de 2020; 16:30 h.
  • Docente: Francisco Iglesias Miranda.

PROGRAMA 

O 18 de xuño o Grupo de Traballo de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou na Casa Europa en Santiago de Compostela o «Programa presencial intensivo de adestramento no cultivo da compaixón». Un curso intensivo deseñado para as persoas que non dispoñen do tempo preciso para participar no curso de 8 semanas.

O curso, deseñado para desenvolver as calidades de compaixón, a empatía e o amor cara a un/ha mesmo/a e cara aos demais, vai dirixido a colexiados e colexiadas do COPG e a persoas non colexiadas.