O Grupo de Psicoloxía Perinatal da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Introdución á Psicoloxía Perinatal”, que se celebrará a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG o 28 de novembro de 2020.

Entre os obxectivos do curso están o de dar a coñecer o eido da Psicoloxía Perinatal dentro da Psicoloxía e profesións afíns, expoñer os ámbitos de aplicación e o traballo en rede coma un recurso esencial e achegar información que poña o foco na importancia da prevención, acompañamento e intervención no período vital que abrangue.